Esta semana vimos na clase unha noticia relacionada coa
factoría que a empresa ENCE ten na Ría de Pontevedra. A empresa de fabricación
de pasta de papel foi inaugurada en 1963 polo ditador Franco,
era daquela unha empresa pública dentro do Instituto Nacional de Industria
(INI). Agora ven de recibir permiso para permanecer na Ría de Pontevedradurante 60 anos máis, nunha polémica decisión que provoca contestación dunha
parte importante da poboación.
Pensa que esta noticia está relacionada co tema que estamos
a estudar: o espazo rural, o sector primario, a silvicultura… Pero non se trata
dunha noticia exclusivamente económica porque a contestación social á
permanencia de Ence no seu actual emprazamento tamén ten que ver coa política
medioambiental, coas políticas de emprego, etc. Trátase dun conflito que ven de
lonxe e que, probablemente, seguirá activo durante non poucos anos.
Outra noticia relacionado coas actividades do sector
primario reflicte tamén conflito social. Trátase da Lei de acuicultura proposta polo goberno galego, contestado dende sectorespolíticos e sociais por considerar que atenta contra a economía galega e polas
súas consecuencias medioambientais.
Sobre este tema, neste blog podes ver un programa de El escarabajo verde dedicado á
acuicultura en Galicia: “Las espinas del salmón”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario