miércoles, 30 de noviembre de 2016

Cumbre de París

Os acordos de París en 2015 sucederon ó Protocolo de Kyoto, e concretaron os compromisos dos distintos países: impedir o incremento da temperatura no planeta máis alá dos 2 º C.
195 países asinantes.




Clica nas imaxes para ver a información.


martes, 29 de noviembre de 2016

jueves, 24 de noviembre de 2016

O Jet Stream e a súa influencia no tempo.

As ondulacións da corrente en chorro (jet stream) poden provocar a chegada de grandes masas de aire ártico ata as nosas latitudes. Pero... podemos predecir estas ondulacións? O comportamento do vórtice polar pode depender de elementos cuantificables? (como por exemplo a cantidade de neve en Eurasia).


Clica na imaxe

miércoles, 23 de noviembre de 2016

MEIRAMA: As Encrobas- a minaría- o lago.

Unha noticia de actualidade sérvenos para repasar conceptos de hidrografía e relacionar o medio físico coas actividades humanas e a economía.  Trato de resumir a través de varios enlaces a información máis salientable sobre o tema:

O conflicto nas Encrobas. 

As expropiacións e resistencias dos afectados foron un símbolo de loita contra o capitalismo en Galicia.



https://www.youtube.com/watch?v=4uEwMeiFeh4

Clica na imaxe

http://elpais.com/diario/1977/02/22/espana/225414017_850215.html
http://elpais.com/diario/1984/03/16/espana/448239627_850215.html




O fin da explotación: A mala calidade dos materiais do xacemento obriga a importar materias primas e construir novas infraestructuras.
 

A solución ambiental:  A obriga legal de recuperación da paisaxe e a mina a ceo aberto.

 

Novos usos e posibilidades para a gran reserva de auga.



https://www.youtube.com/watch?v=wjQJysKZFwI
Clica na imaxe

http://politica.elpais.com/politica/2016/11/16/actualidad/1479300413_948776.html




Facendo memoria.

Documental sobre o conflicto das Encrobas.https://www.youtube.com/watch?v=7_gE852GlYk





Clica na imaxe

viernes, 4 de noviembre de 2016

De novo é actualidade unha información sobre cartografía. Resulta moi interesante a aproximación deste cartógrafo.


Sen embargo segue atopando parecidas dificultades ás de proxeccións anteriores. Como empregaremos un mapa sen os puntos cardinais?

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Meteoroloxía: tipos de nubes

Levamos un tempo preparando os contidos relacionados co tempo e co clima. Deixovos con este post un interesante artículo que explica os tipos de nubes e a  súa clasificación. O articulo inclúe imaxes que poden axudar moito a identificar as distintas formas deste meteoro.



Un saúdo.

martes, 18 de octubre de 2016

Neste enlace atoparedes un arquivo en pdf que podedes descargar. Trátase de un breve manual de introdución á meteoroloxía que pode resolver algunhas dúbidas que tedes sobre o tema.

Un saúdo.



http://siam.xunta.gal/publicacions?p_p_id=publicacions_WAR_publicacions&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_publicacions_WAR_publicacions__spage=/portlet_action/publicacions/detalle&_publicacions_WAR_publicacions_idn=4Clica na imaxe

miércoles, 21 de septiembre de 2016

PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS.

Relacionado coas cuestións dos distintos métodos de proxección cartográfica (sendo a cartografía só unha pequena parte da Xeografía) recoméndovos a lectura dunha moi boa síntese sobre as principais proxeccións cartográficas empregadas: Mercator, Gall-Peters e Winkel-Tripel.

https://thetuzaro.wordpress.com/2011/03/20/la-proyeccion-de-mercator-vs-la-proyeccion-de-gall-peters-2/

Un saúdo.
Ola a todos,

Paréceme interesante que podamos utilizar este blogue para achegar materiais ou recursos interesantes para o noso estudio da Xeografía.
Comezamos con un repaso de conceptos cartográficos que podedes atopar no seguinte enlace:
http://www.ign.es/ign/resources/cartografiaensenanza/conceptoscarto/descargas/conceptos_cartograficos_def.pdf

Un saúdo.

domingo, 8 de mayo de 2016

Xentrificación

No tema sobre as cidades hai un concepto de interese: xentrificación.
O termo, que procede do inglés, aplícase a un fenómeno relacionado co desenvolvemento de determinadas áreas das cidades, tradicionalmente habitadas por clases sociais de baixos niveis de renda pero que, pola especulación, acaban convertidas en zonas para xentes ricas.
Recentemente, o xornal El Pais (6.6.2015) incluía esta noticia:

“Hay un barrio en Nueva York al que muchos ven llamado a convertirse en “el próximo Williamsburg”, lo que es sinónimo de antigua zona obrera reconvertida en lugar de moda, con locales a la última y nuevos vecinos de clase media, en el que los precios se disparan. El Ayuntamiento de la ciudad aprobó en abril el plan de transformación de East New York, en el distrito Brooklyn, lo que despierta temores entre los que no son propietarios de sus casas y locales y temen no poder hacer frente a la renovación de sus alquileres. “Muchos argumentarán que esto va a espolear la gentrificación, pero no se dan cuenta de que la gentrificación ya está llamando a nuestra puerta”, ha reflexionado Rafael Espinal, que representó al vecindario en la negociación del nuevo plan y ha acabado llegando aceptando un acuerdo. La gentrificación (del inglés, gentrification), un extranjerismo para el que la lengua castellana no ha parido aún una traducción exacta, moderniza los barrios, crea vivienda nueva y sofistica su oferta comercial y de ocio, pero acaba expulsando a los residentes con menos recursos, muchas veces, los vecinos de toda la vida.
Manhattan y Brooklyn son dos distritos neoyorquinos que saben mucho de eso. La cuestión es si se le puede poner puertas a semejante proceso, si, como dice Espinal, la gentrificación ya está aquí y solo se puede aspirar acompañarla con alguna medida social que frene la expulsión de las familias trabajadoras.
El Ayuntamiento intenta combatirlo con viviendas sociales. Su plan para ese barrio obliga a que más de 1.200 nuevas viviendas construidas en los dos próximos años se destine a alquileres asequibles. Pero lo que se pregunta la asociación NY Communities for Change, muy crítica con el proyecto, es qué ocurrirá con el resto de las que se construyan y, por supuesto, también con las ya existentes. Porque cuando el barrio de uno se convierte en el nuevo Williamsburg, ya sabe que el precio del alquiler también se modernizará, aunque al lado haya un puñado de pisos protegidos. La cuestión es si eso se puede frenar”.
Amanda Mars, “Nueva York pone puertas a la gentrificación”, elpais.com, 6.5.2016.



jueves, 7 de abril de 2016

Visita ao Parlamento de Galicia


Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais organizaou unha visita ao Parlamento de Galicia o pasado 16 de marzo. Participou alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo, de 1º Bach B, e de Xeografía, de 2º Bach B, que coñeceu de primeira man o funcioamento da institución e tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de control do goberno galego.
Un alumno de 1º de Bach, Pedro Rial, e Gloria Martínez, de 2º de Bach redactaron senllas crónicas da visita. Agradecémoslles a súa participación.
O escrito de Gloria Martínez, de 2º de Bacharelato di así:
"O mércores 16 de marzo deste 2016, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato, tivemos unha interesante saída para visitar o Parlamento de Galicia.
O Parlamento é un órgano institucional composto polos representantes elixidos polo pobo que ten atribuída a misión de expresar a vontade dos propios cidadáns e cidadás, elaborando e aprobando normas xurídicas de carácter xeral e intervindo así na integración e funcionamento doutras institucións do Estado.
O que nós fixemos foi unha visita guiada polo Parlamento na que nos ensinaron as distintas salas coa correspondente utilidade. O primeiro que vimos foi a de recepcións onde estaban distribuídos diferentes cadros dos altos cargos como son os da Familia Real.
Nese mesmo espazo, cara o fondo, tivemos a oportunidade de ver nun taboleiro gráfico os diferentes grupos parlamentarios cos seus componentes, así como a súa colocación no Hemiciclo: Partido Popular, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega e Grupo Mixto.
Despois de ver un vídeo de iniciación a todo o que se facía no Parlamento, asistimos a unha sesión no Hemiciclo onde aos distintos partidos parlamentarios se lles abría unha quenda de preguntas ao presidente Feijoó e ao seu partido.
Foi unha sesión moi entretida onde puidemos ver o funcionamento. Tivemos a oportunidade de ver de preto como se xestionan os temas, o tempo e incluso as críticas. O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, era quen xestionaba o tempo e a calma entre os partidos,.
Foron moitos temas os que se abordaron. Todos referidos aos plans que foi aprobando o Partido Popular ao longo da lexislatura, así como duras críticas á súa xestión.
Os temas máis interesantes que para min se abriron a debate entre nós foron os referidos ao hospital de Álvaro Cunqueiro, tan mencionado polas súas carencias en moitos aspectos. Tamén a corrupción foi a arma que empregaron para dirixirse a Feijóo, posto que o seu partido en España ten moitos casos e a maioría sen cerrar.
En definitiva, foi unha quenda de preguntas (moitas quedaron no aire) que fixeron da visita un momento emocionante, distinto e entretido e que nos permitiron coñecer un pouco máis da política e das institucións que nos rodean.
Logo tivemos a oportunidade de acudir á Biblioteca do Parlamento, onde todos os libros son de tema político e aos asuntos que competen nesta institución.
Finalmente rematamos a visita nunha sala previa que cada partido ten asinada, onde preparan a sesión e poñen os puntos sobre a mesa para poñerse de acordo. Tivemos un pequeno debate sobre a nosa apreciación da sesión e finalizamos a visita".

Pola súa banda, Pedro Rial, de 1º de Bacharelato reflexiona:
"Na última saída que fixemos tivemos a posibilidade de asistir a unha sesión de control no Parlamento de Galicia. Desta visita saíu un debate sobre a eficiencia das sesións de control. Para que serven? Son realmente efectivas? Que intentan arranxar?
Estas son preguntas que na miña opinión todo o mundo debería facerse, non só no ámbito das sesións de control ou no tema político, senón con todo o que nos atopamos no día a día. Deberiamos facernos a pregunta de: Está isto ben, pode haber outra forma de facer as cousas?
Vese claramente que hoxe en día damos todo por sentado, pensamos que todo está meditado e feito correctamente ou da mellor forma posible. Eu creo que fomos ao Parlamento para que nos ensinasen o ben que está montado o noso sistema, que non nos temos que preocupar xa que temos o mellor posible ou o máis democrático, cousas que di a mesma xente á que se lle enche a boca coa palabra democracia e transición. Se ben é certo que houbo unha melloría no sistema político en comparación con 50 anos atrás non podemos dar por rematado o traballo, aínda queda moito por facer.
Con este enfoque é co que eu participei nese debate das sesións de control. O noso guía, que era a outra voz nese debate, sostiña a idea da necesidade desas sesións, nas que os partidos políticos da oposición interrogan ao presidente co fin de supervisar as accións do goberno. A pregunta que surxe aquí é: realmente existe un control? Levamos uns anos vendo como as maiorías absolutas fan o que queren sen ningunha limitación e menos unha que proveña desas sesións; vemos como un partido político con maioría absoluta pode facer o que queira sen necesidade de responder ante os votantes que lle deron o poder, a revisión ou comprobación desas accións queda relegada entón a unha soa votación cada catro anos, ao meu parecer insuficiente. Hai moitos exemplos de maiorías absolutas que tomaron medidas que non contentaron á maior parte da poboación ou á maioría do sector ao que afectaban, un exemplo sería a LOMCE. Con isto presente, que control hai? Serven para algo as sesións de control? E máis importante, o pobo, do que emana o poder, ten a posibilidade de opinar?
A resposta a estas preguntas é non.
Como dixemos anteriormente, existen moitos erros nun sistema que nos presentan como o mellor, ou polo menos o menos malo. É realmente así? Non sería mellor un sistema no que independentemente dos partidos ou maiorías electorais, se lle preguntase ao pobo nos asuntos máis importantes? As sesións de control intentan arranxar os deficiencias das democracias representativas pero, como vemos, inténtao sen éxito. Cambiar totalmente o sistema que temos hoxe suporía dar un paso cara a democracia participativa na que sexa a xente a que decida e non uns señores ou señoras que son elixidos cada catro anos e que durante o seu mandato non son sometidos a ningún control. Esta xa é tarefa da nosa xeración, que mirando atrás ve como moita xente deu a súa vida para que nos tivesemos a mellor vida posible e para agradecelo o mínimo que podemos facer é tomar o relevo e continuar cambiando o mundo".



miércoles, 30 de marzo de 2016

El Rincón de Schuman


O alumnado de 4º da ESO do CPI Pecalama (Tordoia) está desenvolvendo un interesante proxecto para achegarse ás institucións da Unión Europea. Os resultados das súas investigacións e actividades quedan reflectidos neste blog, El rincón de Schuman. Paga a pena entrar e coñecelo.

lunes, 28 de marzo de 2016

España e o cambio climático


O xornal dixital Público insertaba na súa edición do 23 de marzo de 2016 a seguinte noticia sobre como está afectando o cambio climático á Península Ibérica:
"En un escenario de aumento global de extremos climáticos, los modelos de predicción auguran en la Península Ibérica "inviernos más suaves y cálidos" como este último que acaba de terminar, el segundo más caluroso desde 1961, ha detallado Rodríguez.
En este contexto, una parte significativa del territorio español se encuentra situada en "zonas clasificadas como áridas" y por tanto sujeta a sequías estacionales y vulnerable a la desertificación.
No hay que olvidar —ha apuntado— que la zona mediterránea destaca por ser la zona más grande del planeta en la que se espera una clara reducción de los recursos hídricos
Referente a la precipitación, el climatólogo ha argumentado que la situación apunta a una menor cantidad de precipitación, especialmente en el sur peninsular, pero aún falta por definir cómo se distribuirán esas lluvias a lo largo del año, si serán intensas o continuas.
El problema de la precipitación es más difícil de observar y predecir debido a sus ciclos multidecadales, sin embargo, las tendencias señalan una menor cantidad de precipitación (entre un 10 y un 30 por ciento menos) en el sur peninsular a finales de siglo.
Respecto a los fenómenos extremos naturales, el experto ha explicado que aunque la sequía sigue siendo el desastre natural que más preocupa a los españoles, ha valorado el aumento de las medidas de adaptación que paulatinamente se implementan en las ciudades españolas.
La ventaja de las energías renovables
Como climatólogo ha alabado las ventajas de las energías renovables, cuantas más mejor, no sólo en España, sino en cualquier país ya que lo realmente importante es evitar las grandes concentraciones de Gases de Efecto Invernadero (GEI) a nivel global.
En esta línea, Rodríguez ha demandado un deseo: situar el cambio climático y el medio ambiente en el ránking de los problemas que más preocupan a la población.
A su juicio, la sociedad muestra más preocupación por los problemas de carácter inminente y en este caso, el cambio climático, se percibe como un problema a largo plazo.
"Falta concienciación climática", ha remarcado. En este punto, ha explicado que los ciudadanos, en su papel de consumidores, podrían desempeñar una labor decisiva en la mitigación del cambio climático, si en sus costumbres diarias (compras, actos lúdicos, transporte) apostaran por opciones respetuosas con el clima que desterraran la figura de "devoradores de carbono".
Sin embargo, llevar un estilo de vida que ayude a paliar las emisiones de gases de efecto invernadero requiere "cambios profundos" en los hábitos y en la conciencia del consumidor, a veces difíciles de asumir.
Reducir el consumo
Un consumo poco eficiente de la calefacción en el hogar, desplazamientos al trabajo en vehículo propio, vacaciones a miles de kilómetros o el consumo de alimentos fuera de temporada conllevan unas emisiones de CO2 tan "tremendas" que si la población fuera consciente las evitaría, ha añadido el experto en cambio climático.
En el sector alimentario -ha añadido- la expansión del comercio mundial de alimentos ha disparado los efectos contaminantes de su producción y transporte y muchos ciudadanos ignoran la huella ecológica de los artículos que consumen.
Para revertir esta situación, los productos deberían llevar etiquetados, junto al recuadro del precio y lugar de procedencia, la huella de carbono con el único objetivo de "sensibilizar y concienciar al consumidor" en la lucha contra el cambio climático, ha insistido el meteorólogo".
Fonte: http://m.publico.es/sociedad/1954473/espana-afrontara-sequias-mas-intensas-y-duraderas