domingo, 19 de abril de 2015

Un novo desastre ecolóxico, por Luzía Pardo Abuín

Pesqueiro ruso nunha imaxe tomada polo Exército do Aire
O buque ruso Oleg Naydenov chegou ao porto canario de La Luz y Las Palmas (Gran Canaria) o 1 de marzo. O plan que tiña era realizar labores como repostar combustible e, a partir do 11 de abril, continuar a súa viaxe rumbo a Mauritania. Mais ese mesmo día declarouse o incendio que rematou co afundimento do buque.
O pesqueiro de bandeira rusa rematou no fondo do Atlántico o pasado 15 de abril, a uns 2.400 metros de profundidade e a unhas 15 millas (24 kilómetros) ao sur de Gran Canaria.
Ante o risco que supoñía manter atracado o buque no porto debido a unha explosión, a Capitanía Marítima de Las Palmas optou por levalo, na madrugada do 12, a mar aberto. Tamén se intentaba evitar que un posible vertido acabara afectando á cidade de Las Palmas e á planta potabilizadora da zona.
A decisión de levalo a alta mar foi moi cuestionada e criticada porque, neste punto, un posible vertido resulta moi difícil de controlar e o risco ecolóxico é maior.

Oleg Naydenov é un vello coñecido de Greenpeace, como recordou Julio Barela, membro desta organización ecoloxista. Greenpeace denunciouno perante a Comisión Europea por pesca ilegal, xa que faenaba en zonas onde están prohibidas as capturas. Tampouco cumpría a normativa de Senegal, onde se lle tiña prohibido operar.
As dimensións do accidente están sendo moito menores, de momento, que as do Prestige. Aquel buque transportaba 77.000 toneladas de combustible, fronte ás 1.400 do Oleg Naydenov.  Porén, a zona á que foi levado o buque tras o incendio está próxima a unha área que o Ministerio de Medio Ambiente está protexendo baixo a figura de Lugar de Interese Comunitario (LIC) polo seu importante valor ecolóxico.
Aínda así, podemos apreciar cinco diferenzas e cinco semellanzas entre o Prestige e o Oleg Naydenov:

Diferenzas:
  • 1.     Un ía navegando, o outro non. O Prestige non estaba amarrado ao porto.
  • 2.     As proporcións. O Prestige medía 246 metros de eslora fronte aos 108 do Oleg Nayddenov; o petroleiro levaba 77.000 toneladas de cru nos seus tanques, máis o seu propio combustible, mentres que o pesqueiro só levaba o fuel necesario para a navegación, 1.400 toneladas.
  • 3.     O estado dos barcos. O Prestige era un buque monocasco que non resistiu os embates dun temporal, o Oleg Naydenov acababa de ser reparado nuns estaleiros de La Luz (Astican).
  • 4.     A distancia da costa. O Prestige afundiuse a 250 kilómetros da costa galega, mentres que o Oleg Naydenov foise ao fondo do mar a só 20 da illa de Gran Canaria.
  • 5.      A reacción oficial.

Semellanzas:
  • 1O PP. A xestión dos accidentes do Prestige e do Oleg Naydenov correron por conta de técnicos e autoridades do Ministerio de Fomento baixo gobernos do Partido Popular (2002, con Aznar, e 2015 con Rajoy).
  • SSen refuxio. En ambos casos se ignorou a necesidade de achegar aos barcos en situación crítica a portos de refuxio onde poder controlar posibles vertidos.
  • 3O paseo errático. Tanto en Galicia como nas Illas Canarias optouse por lle dar un paseo ao barco accidentado.
  • 4O afundimento. Ambos sucesos acabaron coa peor solución, o afundimentos do buque sen lle ter podido extraer o cargamento, o combustible e outros elementos contaminantes do seu interior. 
  •   Apagón informativo. Como acontece sempre nestes casos, a Delegación do Goberno en Canarias decretou o apagón informativo para reducir a un “risco pequeno” as consecuencias do afundimento do pesqueiro ruso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario