Con motivo do visionado do
documental Flow, por amor á auga, xurde a idea de que a auga e o saneamento
foron recoñecidos por Nacións Unidas en 2010 como un dereito humano.
Ademais, un dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, establecidos pola ONU
para o período 2000-2015, pretende “Reducir á mitade, para 2015, a proporción
de persoas sen acceso sustentable á potable e a servizos básicos de saneamento”
http://www.un.org/es/millenniumgoals/environ.shtml
Co argumento da falta de
recursos económicos, nos últimos anos prodúcese en todo o mundo unha onda de
privatizacións das augas, que se conforman como un nicho de importantes negocios. Fronte a esta idea, na
Unión Europea lanzouse unha Iniciativa
Cidadá Europea: “El derecho al agua y el saneamiento como derecho humano"
(right to water), que defende a seguinte posición:
“El agua es un recurso
natural limitado ylos servicios de agua, servicios esenciales para la
comunidad. El agua, como bien público no comercial, necesita protección y debe
mantenerse cerrada a la competencia. En materia de política del agua debe
prevalecer el derecho humano sobre la competencia y la consecución del mercado
interior. Los gobiernos tienen la obligación de proporcionar servicios de agua.
Ésta es también la conclusión de la ONU, tras varios años de discusión. La implementación
de los derechos no corresponde a las fuerzas del mercado, sino a los Estados”.
No que se refire ao negocio da auga embotellada en
España, pódese visitar a web da Asociación Nacional de Empresas de Agua de Bebida Embotellada.
Unha visión crítica sobre o negocio da auga
embotellada: “El agua embotellada, el gran negocio”, nuevatribuna.es,
18.01.2011