miércoles, 20 de febrero de 2013

O problema do leite, por Carla Rey Blanco


O pasado xoves 14 de febreiro, recibimos unha charla sobre o mundo rural e todo o relacionado con este ámbito. Pareceume realmente interesante porque este tema é algo que na actualidade ten moita 
importancia e gran cantidade de xente xoven descoñece.
Teresa Santamarina, a persoa que veu impartir a charla, foi concisa e clara nas súas explicacións.
Segundo nos dixo, todo comezou coa entrada en 1986 de España na UE, institución internacional creada para que todos os estados europeos membros gobernen en común. Cando o país ingresou nela, a produción de leite era excedentaria, é dicir, producía por riba da demanda dos compradores. Pero este estado foi mudando ao longo dos anos. Pasou por períodos en que a produción interior non era suficiente e foi necesaria a importación de produtos doutros países.
Actualmente, atopámonos nunha situación de crise, crise que afecta tamén a este sector. Os produtos do campo non teñen o valor que deberían. Os gandeiros non cobran polo seu traballo a cantidade xusta. Cada vez extínguense máis as explotacións gandeiras, xa que moitos dos propietarios non poden facerse cargo de tantos gastos sen recibir unha cantidade proporcional ao traballo levado a cabo durante o ano.
Hoxe en día, as granxas son cada menos, pero máis grandes. Por tanto, é necesaria unha xestión, e para que esta xestión sexa a adecuada, os gandeiros deben ter unha formación que lles permita sacar adiante a súa empresa.
Estas explotacións reciben subvencións da PAC (Política Agraria Comunitaria), desenvolvida pola UE. Sufriu un cambio importante a partir do 2005: os gandeiros pasaron a cobrar un tanto por cento establecido, independentemente da cantidade de produción. Foi o chamado pago único que, por outra banda, está vinculado ao cumprimento dunha serie de normas medio ambientais, sanitarias, de xestión, etc.
Outro aspecto da UE son as chamadas Políticas de Desenvolvemento Rural. A intención destas é a consecución dunha maior diversificación das zonas rurais, o aumento da competitividade agrícola e a mellora do entorno rural e o seu medio ambiente.
Cada sete anos celébrase en Bruxelas unha asemblea para modificar, engadir ou anular reformas agrarias, a maiores das pequenas reunións que se convocan ao longo de todo o ano para asegurar que todo funciona debidamente.
Actualmente, coa crise que atravesa o país, os gandeiros saen ás rúas a facer públicas as súas protestas. Pretenden reivindicar os seus dereitos e que se lles valore o seu traballo como calquera outro. A día de hoxe, por exemplo os gandeiros non cobran todo o que lles corresponde polo leite, xa que a elaboración deste ten uns gastos que teñen que afrontar; o xusto sería que cobrasen o suficiente como para facerlles fronte e seguir adiante. Pero hai moitos factores (a crise un dos máis importantes) que colaboran á desaparición de tantas granxas e explotacións. De seguir así, coido chegaremos ao atraso preindustrial.

Carla Rey Blanco
2ºBACH

lunes, 18 de febrero de 2013

Perspectivas económicas

Dúas noticias recentes dannos conta da situación económica que está a vivir o país e que podemos relacionar directamente coas leccións que estamos traballando.
A primeira delas explica que a renda agraria diminuiu en2012 debido á inflación, de forma que se sitúa en niveis que nos levan ata 2002.
A segunda pon en relación a economía de Galicia cos orzamentos plurianuais da UE, que foron recentemente aprobados. O xornalista fala dunha nova reconversión: “Caerán las inversiones, se pescará menos y habrá que pasar de promesas a hechos en el cuidado ambiental de las rías”. E continúa: “La entrada de España en la entonces Comunidad Económica Europea en 1986 obligó a sacrificios en la construcción naval, la pesca y las explotaciones agrarias a cambio de ingentes ayudas que renovaron el país, a veces con proyectos de dudosa rentabilidad”.
Paga a pena facer unha lectura de vagar de ambos textos.

sábado, 16 de febrero de 2013

Reparto da terra e axudas económicas, por Daniel Regueiro


No último tema que estudamos en Xeografía trababamos sobre o sector agrario e a política que incide nel. Vimos vídeos sobre a PAC, da súa mala xestión, beneficiarios e prexudicados.
O enlace que vos deixo é un programa de Salvados do ano 2011, cuxos temas a considerar seguen vixentes na actualidade. Unha vez máis, Jordi Évole sementa a discusión. Cosechando subvenciones é o título dun programa moi completo que nos aporta moito para entender esta parte da Xeografía.
Os tema que fía todas as entrevistas son as axudas do PER e o subsidio agrario xunto coas xa coñecidas da PAC. As dúas primeiras van destinadas a xornaleiros andaluces e estremeños. Estas constan dunha miseria económica (400 euros) en comparación cos receptores das da PAC (3 millóns de euros): estade atentos á comparación que se fai delas, e ás visións que se mostran. Os partidarios das axudas aos xornaleiros defenden que serven para salvar da pobreza, dentro do posible, a quen as recibe. Pola contra, os detractores afirman que son unha áncora retrógrada que obstaculiza o desenvolvemento económico.
Así pois estas son as ideas que emerxen do fondo:
Estereotipos: Cataluña e Andalucía enfrontadas e recriminándose “que uns viven mellor ca os outros”. Apreciamos aquí unha loita de Norte contra Sur, Industria contra Campo e por extensión Capitalismo contra Comunismo. 
Xuventude: nunha visión pesimista, podemos comprobar a falta de expectativas de progreso e superación dun mozo de 18 anos que representa a unha parte da xuventude andaluza.
Cuestión de idiosincrasias: marcados pola perspectiva histórica, apreciamos dúas correntes ideolóxicas moi diferentes: a esquerda e a dereita. Neste aspecto entendese porque en Andalucía sempre trunfa o socialismo e no norte o liberalismo.
Loita de clases: na que os “pobres” consideran que os “ricos” lles botan as culpas, mentres eles quedan de inocentes”. Nesta cuestión enmarcamos unha idea que soa moi utópica, pero que fará reflexionar: o reparto da terra.
Política: unha vez máis a xestión política faise neglixente por culpa dos “catro anos”. Isto provoca que as medidas tomadas se realicen baixo a visión a curto prazo, sen sandar os problemas estruturais que España leva carrexando dende hai anos.
Finalmente non deixedes de botar ollo ás paisaxes, ás cancións que soan de fondo e sobre todo á conclusión final de Cayetano de Alba, que non deixará a ninguén indiferente.
E para rematar, incítovos a pensar. Estades de acordo coas axudas aos xornaleiros? Credes que os terratenentes deben recibir axudas da PAC? Que sistema sería máis eficiente: deixar a terra en mans privadas ou como posesión pública? Credes que este programa representa as xeneralidades aparentes ou reflicte unha realidade certa? Esta situación é sostible no tempo?
Engado algunhas citas das entrevistas:
“No somos de la extrema izquierda, somos de la extrema necesidad”.
“Somos la despensa de España”.
“Tenemos un país muy envidioso”.
“No nos hemos podido arruinar porque nunca fuimos ricos” (Cayetano de Alba)

sábado, 2 de febrero de 2013

E agora sobre acuicultura en Galicia

Las espinas del salmón, unha vez más de El escarabajo verde, trata sobre a acuicultura e, máis concretamente, sobre o conflito provocado na ría de Muros-Noia polo proxecto dunha multinacional, North West Food, de instalar unha granxa de salmón. Como en outros documentais vistos, atopamos conceptos como o de Red Natura 2000, cultivos intensivos, pesca extractiva, modelo de explotación industrial, biodiversidade, contaminación, ecosistema, cadea antrófica...