lunes, 3 de diciembre de 2012

Galicia é unha mina

  -->
Hai uns poucos días, vimos o programa Una mina enPicovello, no que se alertaba dos problemas medioambientais que a explotación dun mineral, a andalucita, podería provocar no Parque Natural das Fragas do Eume. Como lembrarás, a solicitude de explotación corre ao coidado dunha empresa transnacional, de capital sudafricano e británico.
Volve a saltar aos medios de comunicación un caso semellante, desta volta na provincia de Ourense. O mineral en cuestión é o tantalio, importante polas súas aplicacións na industria da informática e da electrónica. O caso presenta similitudes co da andalucita, pois tamén fala de impacto ambiental (trátase dos restos dunha antiga explotación mineira) e de empresas multinacionais (no caso do tantalio, de Canadá).
Pensa que, como podes ler na prensa, Galicia “es la primera potencia mundial en producción de pizarra y la cuarta en granito, pero elementos estratégicos como el litio, que da vida a las baterías de móviles, ordenadores o coches híbridos, y otros como el tantalio o las llamadas tierras raras, son un tesoro que abunda en las entrañas de Galicia y que se disponen a repartirse firmas, en su mayoría, de fuera de Europa”.
Esta cuestión é obxecto de estudo no tema 6 no noso libro de texto (pp. 209 e seguintes).
Recoméndoche que leas a información que aparece nos seguintes enlaces:




No hay comentarios:

Publicar un comentario