miércoles, 28 de noviembre de 2012

Dez anos despois do Prestige


No mes de novembro conmemorouse o décimo aniversario do naufraxio e marea negra do petroleiro Prestige: 63.000 toneladas de fuel que foron ade Galicia pero también al Cantábrico, Francia y Portugal.
El escarabajo verde, programa de TVE do que xa vimos Una mina en Picovello, fixo en 2002 fixo un intenso seguimento da catástrofe. Agora, dez anos despois, revisa aquel suceso que coincide co xuízo contra os encausados polo atentado medioambiental. Protagonistas que se viron inmersos “en una batalla desigual contra el chapapote y que se ganaron su lugar en la historia” e que daquela foron entrevistados polo programa, volven a ser entrevistados agora.
A emisión do programa, o 16 de novembro de 2012, coincide coas nosas clases sobre o Tema 4, que trata precisamente dos problemas medioambientais. Conceptos como contaminación, impacto ecolóxico, ecosistema, residuos, prevención, parque nacional, bandeira de conveniencia… aparecen neste “Prestige + 10”.
Se queres visionar unha vez máis o documental pódelo facer en:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-prestige-10/1581606/

No hay comentarios:

Publicar un comentario