lunes, 16 de enero de 2012

O saldo migratorio foi negativo na España de 2011

Por primeira vez en non poucos anos, o saldo migratorio (a diferencia entre as persoas que marchan do país e ás que veñen a instalarse) foi negativo. Ocurriu en 2011. Razóns? Quizais a crise económica. De todos os xeitos comprobarás na lectura desta noticia que moitas das persoas que chegaron a España, a maior parte, non son españois que regresan ao país senón inmigrantes estranxeiros.
Le con atención a noticia, na que atoparás moitos conceptos xa coñecidos:
http://www.publico.es/espana/417152/mas-de-medio-millon-de-personas-dejo-espana-en-2011

miércoles, 11 de enero de 2012

O turismo, piar da economía española

A pesar da crise que está a vivir todo o mundo occidental, o turismo (Tema 7) é unha actividade que medrou en España en 2011. Fíxoo tanto en número de visitantes como na súa achega ao PIB, próxima ao 10%.
Podes ampliar estes datos no seguinte enlace:

"El turismo en España resiste a la crisis con un aumento del 8,1% en 2011", El País, 11 de xaneiro de 2012.
http://www.elpais.com/solotexto/articulo.html?xref=20120111elpepieco_8&type=Tes&anchor=elpepueco