martes, 27 de diciembre de 2011

Previsións de futuro da poboación galega

O día 27 de decembro de 2011, a prensa (http://www.elpais.com/articulo/Galicia/peso/poblacion/jubilada/frente/jovenes/crecera/puntos/2021/elpepiautgal/20111227elpgal_11/Tes#despiece1) dá a noticia de que o Instituto Galego de Estatística (IGE) ven de publicar un informe coa proxección demográfica ata 2021. As consecuencias do informe non son moi esperanzadoras pois, de manterse as actuais tendencias demográficas, haberá unha diminución da poboación galega que estará, ademais, máis envellecida.
Se pinchas neste enlace (http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001004) entrarás na web do IGE, na que atoparás un resumo do informe (Nota de prensa). Podes, ademais, coñecer a proxección da poboación no concello no que teñas interese.